Novas tecnoloxías aplicadas á educación

Mestre especialista en Educación Física


GUÍA DOCENTE

DESCRIPTORES DA MATERIA
Recursos didácticos e novas tecnoloxías: utilización nas súas distintas aplicacións didácticas, organizativas e administrativas. Utilización dos principais instrumentos informáticos e audiovisuais.
CRÉDITOS MATERIA
Tipos LRU ECTS
Teóricos 3 2,5
Prácticos 1 0,8
Totais 4 3

 

PROGRAMA XERAL DA MATERIA

Prerrequisitos: Coñecementos básicos de informática e coñecementos de Didáctica Xeral.

Contexto: A materia de Novas tecnoloxías aplicadas á educación forma parte do plan de estudios da diplomatura de Mestre especialista en Educación Física, se cursa no último curso e é unha materia troncal de 4 créditos, 3 teóricos e 1 práctico, o que equivale no Sistema Europeo de Transferencia de Créditos a aproximadamente 3 créditos que supoñen 81 horas de traballo do estudiante.

Os estudios conducentes ao título de Mestre especialista en Educación Física teñen como principal fin dotar aos futuros mestres das competencias necesarias para desenvolver a actividade docente nos niveis da Educación Primaria integrando os aspectos básicos con aquelas competencias que de forma específica permitirán aos futuros mestres desenvolver unha actividade docente encamiñada ao desenrolo das capacidades físicas e de acción dos nenos e nenas de entre 6 e 12 anos. Entre as funcións centrais na actividade docente está o deseño e desenvolvemento dun curriculum que permita tanto o desenrolo integral dos nenos e nenas destas idades como o desenrolo mais específico das súas capacidades físicas e de acción mediante a educación a través do corpo e o movemento e que, ademais, responda a unha serie de principios xerais relacionados cunha educación democrática, inclusiva e preocupada pola xustiza social.

Como elementos clave do curriculum sobre o que o futuro mestre deberá tomar decisións están os medios e recursos didácticos que permitirán o traballo dos contidos do curriculum e contribuirán a consecución dos fins educativos buscados. A materia de Novas tecnoloxías aplicadas á educación dotará aos futuros mestres coas competencias necesarias para poder analizar, avaliar, seleccionar, utilizar e crear recursos basados nas tecnoloxías da información e da comunicación. As novas tecnoloxías ofrecen o futuro mestre de Educación Física innumerables posibilidades para a búsqueda de información e recursos para as súas clases, para a organización e creación dos seus propios recursos, para a comunicación con outros docentes e persoas interesadas no campo da educación física, para a súa constante formación e para a investigación da súa propia práctica.

Na sociedade actual, definida como sociedade da información, a xeración, procesamento, manipulación e transmisión de información gracias as TIC é agora a actividade central e a principal fonte de productividade e poder. A escola debe responder aos avances tecnolóxicos tendo en conta que a mera introducción das novas tecnoloxías no curriculum non garantiza a mellora da calidade da educación, sendo posible seguir reproducindo formas tradicionais de ensinanza pero con novos medios. É por isto necesario unha reflexión previa sobre os fins buscados, os cales deberán buscar formar a futuros cidadáns con capacidade para a analizar de forma crítica a información transmitida a través das TIC, con capacidade para crear información mediante as TIC, con capacidade para aprender a aprender e comprometidos coa defensa da xustiza social.

Dende unha postura crítica ante as novas tecnoloxías o docente deberá, por unha banda, guiar o estudiante na súa construcción do coñecemento, contribuindo a súa vez a que se convirta en intérprete crítico dese coñecemento. Ademais o docente deberá ser consciente da non neutralidade da tecnoloxía e dos intereses que se atopan tras todo avance tecnolóxico, analizando o papel das novas tecnoloxías no aumento ou disminución das desigualdades sociais, etc. Por outra banda o docente deberá utilizar estos recursos tecnolóxicos para favorecer a investigación da súa propia práctica levando a cabo procesos de investigación-acción que favorezcan a mellora da súa labor docente.

A materia de Novas tecnoloxías aplicadas á educación asignada a área de Didáctica e Organización escolar se relaciona con outras materias do plan de estudios da diplomatura de Mestre especialista en Educación Física como poden ser Didáctica Xeral, Sociología da Educación, Teorías e institucións contemporáneas de educación, Organización escolar ou Educación Física e a súa didáctica.

Obxectivos: O principal fin de traballo nesta materia é a aproximación crítica e reflexiva ao papel das novas tecnoloxías na nosa sociedade e na educación aprendendo a analizar, seleccionar, avaliar, utilizar e investigar as posibilidades educativas de distintos recursos tecnolóxicos xa elaborados así como a crear recursos tanto encamiñados á mellora da calidade do ensino como a favorecer a investigación crítica da práctica docente.
Principios de procedemento:
Abrir un debate participativo e crítico sobre o papel das novas tecnoloxías na sociedade e nos procesos de globalización política, económica e cultural que están tendo lugar. Reflexionar sobre a determinación social dos avances tecnolóxicos, sobre o concepto de sociedade da información, sobre o papel das TIC como producto de mercado na sociedade neoliberal, sobre as grandes corporacións no sector das TIC e sobre o aumento das desigualdades sociais.
Abrir un debate participativo e crítico sobre o papel das novas tecnoloxías na educación, os distintos enfoques de integración das TIC no curriculum e na escola según o modelo de comunicación e a perspectiva curricular defendida. Reflexionar sobre a necesidade de integrar as novas tecnoloxías como recurso educativo, obxecto de estudio e axente educativo.
Abrir un debate participativo e crítico sobre o papel das novas tecnoloxías na formación do profesorado, reflexionar sobre as distintas posturas do docente ante as TIC, analizar o seu o novo papel ante a necesaria integración das novas tecnoloxías no curriculum tendo en conta as posibilidades que ofrecen as TIC para a mellora dos procesos educativos e da práctica docente dende concepcións relacionadas coa reflexión e investigación crítica da realidade educativa.
Introducir e desenvolver a capacidade de comprensión dos distintos códigos audiovisuais e multimedia que utilizan as TIC e favorecer o manexo das ferramentas informáticas.
Fomentar a análise de diversas experiencias educativas de traballo presencial e virtual coas novas tecnoloxías no campo da educación física.
Favorecer o desenvolvemento das capacidades de análise, avaliación, selección e utilización de distintos recursos na rede e multimedia elaborados con fins educativos ou con fins non estrictamente educativos para traballar contidos da educación física.
Axudar a crear distintos recursos tecnolóxicos na rede e multimedia investigando as súas posibilidades educativas para a educación física.

Competencias: O traballo na materia de Novas tecnoloxías aplicadas á educación favorecerá o desenvolvemento das seguintes competencias, específicas e tranversais, para o futuro mestre de Educación Física:

1) Capacidade para comprender e analizar de forma crítica o papel das TIC na sociedade e na educación desenvolvendo un compromiso ético co papel liberador das novas tecnoloxías frente o seu posible papel opresor.
2) Capacidade para utilizar e incorporar adecuadamente nas actividades de ensinanza e aprendizaxe as tecnoloxías da información e comunicación.
3) Capacidade para preparar, seleccionar, avaliar, crear e construir materiais didácticos coas TIC para o traballo na área da Educación Física e tendo en conta tanto a necesaria coordinación con docentes doutras áreas en proxectos de traballo globalizado como certos principios educativos mais amplios como a educación inclusiva.
4) Capacidade para aplicar coñecementos básicos sobre as TIC e a súa aplicación a un contexto informativo actualizado co fin de coñecer os avances da educación física e o deporte.
5) Capacidade para comprender a complexidade dos procesos educativos, entender as relacións sociedade-educación, analizar todos os aspectos interconectados, entre eles o elemento curricular dos medios e recursos didácticos, que se poñen en marcha en calquera proceso de ensinanza e aprendizaje.
6) Capacidade para analizar e valorar as propostas oficiais de integración das TIC na escola así como distintas experiencias de uso educativo das TIC.
7) Capacidade de manexo de distintas ferrementas informáticas.
8) Capacidade para traballar en equipo e de forma cooperativa, organizando e planificando o traballo, tomando decisións e resolvendo problemas tanto de forma conxunta como de forma individual.
9) Capacidade para utilizar diversas fontes de información, seleccionar, analizar, sintetizar e extraer as ideas importantes e xestionar a información.
10) Capacidade para elaborar discursos coherentes basados no razonamento crítico e nos que se ofrezan adecuados comentarios persoais e valoracións de interese.
11) Capacidade para expoñer adecuadamente de forma oral e escrita os traballos realizados.
12) Capacidade creativa e innovadora para elaborar propostas de uso educativo das TIC que teñan en conta o papel dos nenos e nenas como receptores activos e creadores de información.
13) Capacidade para analizar e autoevaluar de forma crítica o propio traballo.

Contribución ao desenvolvemento de habilidades e destrezas

- Manexo de distintas ferramentas informáticas e lectura e uso adecuado dos códigos audiovisuais e multimedia.
- Utilización de distintos servicios de Internet para informarnos e comunicarnos.
- Utilización dunha Plataforma de Teleformación.
- Adecuada expresión escrita e oral na lingua materna.

 

CONTIDOS (temario teórico e práctico) 
Temario teoría

Bloque 1: Sociedade e novas tecnoloxías: o papel das TIC na sociedade da información:Concepto e características das novas tecnoloxías. Mitos asociados as novas tecnoloxías. Sociedade da información. Papel das novas tecnoloxías na globalización económica, política e cultural. Neoliberalismo. Pensamiento único. Corporacións no sector das TIC. Novas tecnoloxías como producto de mercado. Desigualdades sociais. Papel liberador ou opresor das TIC.

Bloque 2: Novas tecnoloxías e educación: a integración das TIC no curriculum e na escola:Enfoques do curriculum e integración das TIC. Modelos de comunicación e integración das TIC. Posturas do docente ante as novas tecnoloxías. Papel do docente na sociedade da información. Propostas oficiais de integración das TIC na escola. Integración das novas tecnoloxías como recurso educativo, obxecto de estudio e axente educativo. Novas tecnoloxías e educación inclusiva.

Bloque 3: Recursos multimedia e educación:Os códigos audiovisuais e multimedia: Propostas para a análise crítico, selección, avaliación e utilización curricular de recursos multimedia elaborados con fins educativos e non educativos. Análise crítico de software educativo para á educación física e valoración das súas posibilidades educativas. Creación de bases de datos multimedia, edición de vídeo dixital e as súas posibilidades para a educación física.

Bloque 4: Internet e educación: Análise, selección, avaliación e utilización dos distintos recursos, aplicacións e servicios da rede de comunicación de Internet: world wide web, correo electrónico, listas de distribución, grupos de noticias e foros de debate, bitácoras, e investigación crítica das súas posibilidades para a educación física. Aproximación á teleformación e aos entornos de aprendizaxe virtual. Acercamento ao software libre e as ferramentas de autor.

Temario prácticas
Servicios de Internet.
Edición web: Bitácora.
Bases de datos multimedia.
Edición de vídeo dixital.
Ferramentas de autor.

 

METODOLOXÍA

A forma de traballo na materia de Novas tecnoloxías aplicadas á educación se centrará na realización de proxectos de aprendizaxe titorado nos que os estudiantes levarán a cabo unha serie de actividades en grupo de forma guiada e tamén de forma autónoma e tanto de forma presencial como semipresencial e non presencial. Este traballo estará apoiado tanto por unha serie de clases maxistrais como por distintos seminarios de seguimento e sesións na que se levarán a cabo distintos debates.

O uso da Plataforma de Teleformación da Universidade será central para o traballo na materia. Na Plataforma se accederá tanto os proxectos e actividades que deberán levarse a cabo en cada un dos catro bloques de contido como a todos os recursos e materiais que serán necesarios para a realización das actividades.

As Prácticas da materia levaranse a cabo de forma presencial e de novo en grupo.

As actividades que se levarán a cabo en cada bloque de contidos serán as seguintes:
Bloque 1:
1) Clase maxistral na que se presentará a materia, se explicará como acceder e traballar coa Plataforma de Teleformación e se introducirá o traballo neste bloque, respondendo as dúbidas que xurdan.
2) Traballo non presencial e no horario das clases dos distintos grupos cos documentos, presentacións multimedia, artigos, vídeo e outros recursos sobre os contidos deste bloque.
3) Clase maxistral na que se aclararán dúbidas e se farán debates sobre os contidos traballados a través dos distintos recursos. Ademais se explicará como comenzar a facer a bitácora.
Bloque 2:
1) Clase maxistral na que se introducirá o traballo neste bloque, se aclararán as dúbidas que xurdan e se farán seminarios de seguimiento sobre o traballo de creación da bitácora.
2) Traballo non presencial e no horario das clases dos distintos grupos cos documentos, presentacións multimedia, artigos e outros recursos sobre os contidos deste bloque.
3) Clase maxistral na que se aclararán dúbidas e se farán debates sobre os contidos traballados a través dos distintos recursos. Ademais se falará dos distintos servicios de Internet, se realizarán búsquedas e se participará en foros.
Bloque 3:
1) Clase maxistral na que se introducirá o traballo neste bloque, se aclararán as dúbidas que xurdan e se farán seminarios de seguimento sobre o traballo de creación da bitácora.
2) Traballo non presencial e no horario das clases dos distintos grupos visualizando un vídeo sobre lectura de imaxes e realizando a ánalise e avaliación crítica dun recurso multimedia.
3) Clases na que de forma semi-presencial os grupos decidirán a base de datos multimedia e o vídeo que queren crear para traballar contidos da educación física e relacionados coa educación multicultural. Ademais se realizarán debates e seminarios de seguimiento sobre os contidos deste bloque.
4) Clases prácticas presenciais nas que se explicará e traballará na creación da base de datos multimedia e na edición de vídeo.
Bloque 4:
1) Clase maxistral na que se introducirá o traballo neste bloque, se aclararán as dúbidas que xurdan e se farán seminarios de seguimiento sobre o traballo de creación da bitácora.
2) Traballo non presencial e no horario das clases dos distintos grupos cos recursos na rede deste bloque.
3) Clases nas que de forma semi-presencial se traballará coas ferramentas de autor.
4) Obradoiro webquest.
5) Clase maxistral na que se aclararán dúbidas e se farán debates sobre os contidos traballados a través dos distintos recursos. Ademais que finalizará a creación da bitácora.
6) Clase na que se realizará o exame final da materia e na que cada grupo realizará a presentación oral da bitácora frente os outros grupos.

 

RECURSOS

Bibliografía básica:

- Area Moreira, Manuel (1999): “Futuro imperfecto: novas tecnoloxías e igualdade de oportunidades”. Revista Galega de Educación, nº32, pp.13-19.
- Aparici, Roberto (coord.) (2000): Nuevas tecnologías, comunicación y educación. Cd-rom. UNED
- Gutiérrez Martín, Alfonso (1997): Educación Multimedia y Nuevas Tecnologías. Madrid. Ediciones La Torre.
- Held, David (ed.) (2000): A globalizing world? Culture, economics, politics. London. Routledge. Open University.
- Kaplún, Mario (1998): Una pedagogía de la comunicación. Madrid. Ediciones de la Torre.
- Marí Sáez, Víctor Manuel (2002): Globalización, nuevas tecnologías y comunicación. Madrid. Ediciones de la Torre.
- Pardo Pérez, Juan Carlos (1999): “Transicións sociais, sociedade da información e educación escolar”. Revista Galega de Educación, 32, pp.21-50.
- Ramonet, Ignacio (1998): La tiranía de la comunicación. Madrid. Debate.
- Roma, Pepa (2001): Jaque a la globalización. Cómo crean su red los movimientos sociales alternativos. Barcelona. Grijalbo Mondadori.
- Torres Santomé, Jurjo (2001): Educación en tiempos de neoliberalismo. Madrid. Morata.
- Sancho Gil, Juana Mª (1994): “Hacia una tecnología crítica”. Cuadernos de Pedagogía, nº 230, pp.8-12)
- Steinberg, Shirley R. y Kincheloe, Joe. (comps.) (2000): Cultura infantil y multinacionales. Madrid. Morata.

Bibliografía complementaria:

Aguilera, José María (1999): Aprendiendo en la era de la información. Madrid. Anaya.
Alonso Erausquin, Manuel y Matilla, Luis (1990): Imágenes en acción. Análisis y práctica de la expresión audiovisual en la escuela activa. Madrid. Akal.
Alonso Erausquin, Manuel; Matilla, Luis y Vázquez Freire, Miguel (1995): Teleniños públicos, Teleniños privados. Madrid. Ediciones de la Torre.
Aparici, Roberto (coord.) (1996): La revolución de los medios audiovisuales. Educación y Nuevas Tecnologías. Madrid. Ediciones de la Torre.
Aparici, Roberto y García Matilla, Agustín (1998): Lectura de imágenes. Madrid. .Ediciones de la Torre. 3º edición.
Aparici, Roberto; García Matilla, Agustín y Valdivia, Manuel (1992): La imagen. UNED.
Aparici, Roberto (coord.) 2000: Nuevas tecnologías, comunicación y educación. Cd-rom. UNED
Area Moreira, Manuel (1999): Futuro imperfecto: novas tecnologías e igualdade de oportunidades. Revista Galega de Educación, nº32, pp.13-19.
Area Moreira, Manuel (2004): Los medios y las tecnologías en la educación. Madrid. Pirámide.
Baleirón, Charo et al. (1998): O laberinto virtual. Sobre as novas tecnoloxías na educación. Vigo. Xerais.
Bartolomé, Antonio (1999): Nuevas tecnologías en el aula. Guía de supervivencia. Barcelona. Graó.
Bautista García-Vera, Antonio (1994): Las nuevas tecnologías en la capacitación docente. Madrid. Visor.
Bonete Perales, Enquique (1999): Ética de la comunicación audiovisual. Madrid. Tecnos.
Cabero Almenara, Julio (ed.) (1999): Tecnología educativa. Madrid. Síntesis Educación.
Cabero Almenara, Julio (ed.) (2001): Nuevas tecnologías aplicadas a la educación. Madrid. Síntesis Educación.
Castells, Manuel (1998): La era de la información. Economía, sociedad y cultura. Fin de Milenio. Madrid Alianza.
Castells, Manuel (2000): La era de la información. Economía, sociedad y cultura. La sociedad Red. Madrid Alianza.
Cebrián, Juan Luis (1998): La Red. Cómo cambiarán nuestras vidas los nuevos medios de comunicación. Madrid. Taurus.
Cebrián de la Serna, Manuel et.al.(coord.) (1998): Recursos tecnológicos para los procesos de enseñanza y aprendizaje. Universidad de Málaga ICE.
Cebrián de la Serna, Manuel, Ríos Ariza, José Manuel (coords.) (2000): Nuevas tecnologías aplicadas a las Didácticas Especiales. Madrid. Pirámide.
Cebrián de la Serna, Manuel (2000): Internet en el aula. Proyectando el futuro. Málaga. Universidad de Málaga.
Cebrián de la Serna, Manuel (coord.) (2001): Actividades con el ordenador en el aula. Málaga. Universidad de Málaga.
Corderch, Jorge y Guitert, Montse (2001): ¿Cómo aprender y enseñar con Internet? Cuadernos de Pedagogía, nº301, pp.56-63.
Corominas, Agustín (1995): La comunicación audiovisual y su integración en en el currículum. Barcelona. Graó.
Crook, Charles (1998): Ordenadores y aprendizaje cooperativo. Madrid. Morata.
Chomsky, Noam y Ramonet, Ignacio (1995): Como nos venden la moto. Barcelona. Icaria.
Dery, Mark (1998): Velocidad de escape. La cibercultura en el final de siglo. Madrid. Siruela
Echebarría, Javier (2000): Los señores del aire: Telépolis y el Tercer entorno. Madrid. Destino.
Estefanía, Joaquín (1998): Contra el pensamiento único. Madrid. Taurus.
Fernández Esteban, María Luisa (1998): Nuevas tecnologías, Internet y Derechos fundamentales. Madrid. McGrawhill.
Ferrés, Joan y Marqués, Peré (coords.) (1997): Comunicación educativa y nuevas tecnologías. Barcelona. Praxis.
Ferrés, Joan (2000): Educar en una cultura del espectáculo. Barcelona. Paidós.
Galeano, Eduardo (1998): Patas arriba. La escuela del mundo al revés. Madrid. Siglo XXI.
Gilster, P. (1995): El navegante de Internet. Madrid. Anaya.
González Quirós, José (1998): El porvenir de la razón en la era digital. Madrid. Síntesis.
Gros, Begoña (coord.) (1997): Diseños y programas educativos. Pautas pedagógicas para la elaboración de software. Barcelona. Ariel.
Gros, Begoña (2000): El ordenador invisible. Hacia la apropiación del ordenador en la enseñanza. Barcelona. Gedisa-Ediuoc.
Gubert, Roman (2000): El eros electrónico. Madrid. Taurus.
Guitart, Joseph (2001): Los multimedia e Internet, al servicio de la educación. Cuadernos de Pedagogía, nº301, pp.64-79.
Guitart, Joseph (2001): 100 webs del ámbito educativo. Cuadernos de Pedagogía, nº301, pp.70-80.
Gutiérrez Martín, Alfonso (1997): Educación Multimedia y Nuevas Tecnologías. Madrid. Ediciones La Torre.
Gutiérrez Martín, Alfonso (coord.) (1998): Formación del profesorado en la sociedad de la información. Segovia. Publicaciones de la Universidad de Valladolid.
Heap, Nick et.al. (1999): Information, Technology and Society. London. Sage. Open University.
Held, David (ed.) (2000): A globalizing world? Culture, economics, politics. London. Routledge. Open University.
Joyanes, Luis (1997): Cibersociedad. Los retos sociales ante un nuevo mundo digital. Madrid. McGraw-Hill.
Kaplún, Mario (1998): Una pedagogía de la comunicación. Madrid. Ediciones de la Torre.
Klein, Naomi (2001): No logo. El poder de las marcas. Barcelona. Paidós.
Least, M. (ed.) (2000): Issues in teaching using ICT. London. Routledge.
Litwin, Edith (comp.) (1995): Tecnología educativa. Política, historias, propuestas. Buenos Aires. Paidós.
Marí Sáez, Víctor Manuel (2002): Globalización, nuevas tecnologías y comunicación. Madrid. Ediciones de la Torre.
Mattelart, Armand (1998): La mundialización de la comunicación. Barcelona. Paidós.
McDougall, Anne (1998): Cómo elegir y utilizar software educativo. Madrid. Morata. Paideia.
Millán, José Antonio (1998): De redes y saberes. Cultura y educación con las nuevas tecnologías. Madrid. Aula XXI Santillana.
Mirabito, Michael (1997): Las nuevas tecnologías de la comunicación. Madrid. Gedisa.
Negroponte, Nicholas (1995): El mundo digital. Madrid. Debate.
Obach, Xavier (1997): El tratamiento de la información y otras fábulas. Madrid. Anaya.
Odina, Mercedes (2000): La aldea irreal. Madrid. Aguilar.
Pardo Pérez, Juan Carlos (1999): Transicións sociais, sociedade da información e educación escolar. Revista Galega de Educación, 32, pp.21-50.
Pérez Tornero, José Manuel (2002): Comunicación y educación en la sociedad de la información. Madrid. De la Torre.
Poole, Bernard (1999): Tecnología educativa. Educar para la sociocultura de la comunicación y el conocimiento. Madrid. McGrawHill.
Postman, Neil (1994): Tecnópolis. La rendición de la cultura a la tecnología. Barcelona. Galaxia Gutemberg.
Prendes, Mª Paz (2004): Nuevas tecnologías y educación. Pearson Prentice Hall.
Quin, Robyn y McMahon, Barrie (1997): Historias y estereotipos. Madrid. Ediciones de la Torre.
Ramonet, Ignacio (1998a): La tiranía de la comunicación. Madrid. Debate.
Ramonet, Ignacio (1998b): Internet, el mundo que llega. Los nuevos caminos de la comunicación. Madrid. Alianza.
Ramonet, Ignacio (2000): La golosina visual. Madrid. Debate.
Reparaz, Charo; Sobrino, Ángel y Mir, José Ignacio (2000): Integración curricular de las nuevas tecnologías. Barcelona. Ariel.
Ríos Arza, José Manuel y Cebrián de la Serna, Manuel (2000): Nuevas tecnologías de la información y comunicación aplicadas a la educación. Málaga. Aljibe.
Roma, Pepa (2001): Jaque a la globalización. Cómo crean su red los movimientos sociales alternativos. Barcelona. Grijalbo Mondadori.
Sancho Gil, Juana Mª (1994): Hacia una tecnología crítica. Cuadernos de Pedagogía, nº 230, pp.8-12)
Sancho Juana María (coord.) (1995): Para una tecnología educativa. Barcelona. Horsori.
Sancho, Juana María y Millán L.M. (comp.) (1995): Hoy ya es mañana. Tecnologías y educación: un diálogo necesario. Morón (Sevilla). Publicaciones MCEP.
San Martín, Ángel (1995): La escuela de las tecnologías. Universidad de Valencia.
Squires, David y McDougall, Anne (1997): Cómo elegir y utilizar software educativo. Madrid. Morata.
Steinberg, Shirley R. y Kincheloe, Joe. (comps.) (2000): Cultura infantil y multinacionales. Madrid. Morata.
Tiffin, John y Rajasingham, L. (1997): En busca de la clase virtual. La educación en la sociedad de la información. Barcelona. Paidós.
Toledo, P. (2001): Accesibilidad, informática y discapacidad. Sevilla. Mergablum.
Torres Santomé, Jurjo (2001): Educación en tiempos de neoliberalismo. Madrid. Morata.
V.V.A.A (1999): Sur y comunicación. Una nueva cultura de la información. Barcelona. Icaria. Antrazyt/ Medicos Mundi.
VVAA (2000): ATTAC. Contra la dictadura de los mercados. Barcelona Icaria.
VVAA (2001): Porto Alegre. Otro mundo es posible. Madrid. El viejo topo.
Wolton, Dominique (2000): Internet ¿Y después? Una teoría crítica de los nuevos medios de comunicación. Barcelona. Gedisa.

Recursos web:
Area, Manuel (2002): “La integración escolar de la nuevas tecnología, entre deseo y realidad” http://dewey.uab.es/pmarques/EVTE/INTEGRACIÓN ESCOLAR NNTT.pdf
Asociación de usuarios de software libre en España http://www.hispalinux.es/
Asociación de usuarios de software libre en Galicia http://glug.es/index.php
Cabero, Julio (2002): “Las Tics una conciencia global en la educación” http://dewey.uab.es/pmarques/evte2/varios/link_externo_marco.htm?http://tecnologiaedu.us.es/bibliovir/pdf/88.pdf
Concello de A Coruña. Internet municipal. http://www.edu.aytolacoruna.es
Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Proxecto Siega http://www.edu.xunta.es/siega/
Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Contidos Educativos. http://www.edu.xunta.es/contidos/
Digón Regueiro, Patricia: “¿Qué son as novas tecnoloxías?: algúns conceptos introductorios”. Presentación multimedia. http://fv.udc.es
Digón Regueiro, Patricia: “¿Qué é a sociedade da información?: reflexionando sobre o papel das novas tecnoloxías na sociedade”. Presentación multimedia. http://fv.udc.es
Digón Regueiro, Patricia: “¿Qué es la globalización”. Presentación multimedia. http://fv.udc.es
Digón Regueiro, Patricia: “Mapas para representar la globalización”. Presentación multimedia. http://fv.udc.es
Digón Regueiro, Patricia: “¿Cal é o papel das novas tecnoloxías na educación?: reflexionando sobre a integración das novas tecnoloxías no curriculum”. Presentación multimedia. http://fv.udc.es
Digón Regueiro, Patricia: “Servicios de Internet”. Presentación multimedia. http://fv.udc.es
Digón Regueiro, Patricia: “Modelo de análisis de recursos educativos multimedia”. http://fv.udc.es
Digón Regueiro, Patricia: “Pasos a seguir para crear a vosa bitácora”. http://fv.udc.es
Digón Regueiro, Patricia: “Pasos a seguir para a creación dun recurso multimedia interactivo”. http://fv.udc.es
Digón Regueiro, Patricia: “Pasos a seguir para a edición de vídeo”. http://fv.udc.es
Edutic. Webquests http://www.edutic.ua.es/edutic_wq.asp
Efdeportes.com http://www.efdeportes.com
Ejemplos recursos multimedia feitos con Neobook G:\Neobook\NEOBOOK.htm
Entrevista con Ignacio Ramonet http://revista.consumer.es/web/es/20010701/entrevista/27231.php
Hot Potatoes http://web.uvic.ca/hrd/halfbaked/
Junta de Andalucía. Universidad de Sevilla: “Teleformación: 12 respuestas básicas” http://www.teleformacion.edu/documentos/12 respuestas básicas.pdf
Marí Sáez, Víctor Manuel (2001): “Globalización, nuevas tecnologías y comunicación” http://www.uned.es/ntedu/espanol/master/primero/modulos/tecnologia-y-sociedad/global-ntedu.htm
Marí Sáez, Víctor Manuel (1998): “La educación audiovisual en la era del pensamiento único: una lectura del Rey León” http://www.uned.es/ntedu/espanol/master/primero/modulos/tecnologia-y-sociedad/reyLeon.pdf
Ministerio de Educación y Ciencia. Tecnologías de la Información y la Comunicación Educativas http://www.mec.es/educa/tice/
Ministerio de Educación y Ciencia: “Reflexión crítica sobre las plataformas de teleformación” http://observatorio.cnice.mec.es/index.php?module=subjects&func=viewpage&pageid=16
Ministerio de Educación y Ciencia. Definición webquest http://platea.pntic.mec.es/~erodri1/QUE ES.htm
Ministerio de Educación y Ciencia. Tutoriales para Hot Potates http://platea.pntic.mec.es/~iali/CN/Hot_Potatoes/intro.htm
Neobook http://www.neosoftware.com/
Neobook educativo. Manuales http://perso.wanadoo.es/martindedios/index.htm
Portal educativo Eduteka http://www.eduteka.org
Portal educativo Educaguia http://www.educaguia.com
Portal educativo Portal didáctico http://www.portaldidactico.org
Portal educativo Educar http://educar.org
Portal educativo Educared http://www.educared.net
Portal educativo Aldea Educativa http://www.aldeaeducativa.com
Portal educativo Profes.net http://www.profes.net
Racó de Clic http://clic.xtec.net/es/index.htm
Red de Universidades RedIris http://www.rediris.es
Santillana en red. Plataforma de Teleformación http://www.santillanaenred.com
Universidad de Málaga: Elaboración de cuestionarios con Hot Potatoes.pdf.
Wikipedia: Software libre http://es.wikipedia.org/wiki/Software_libre

Vídeo: “Un mundo móvil” Documentos TV 2001.
Vídeo: “Lectura de imágenes” UNED. 2000.

 

AVALIACIÓN

Consideracións xerais:

A avaliación da materia de Novas tecnoloxías aplicadas á educación básase na creación, en grupos de tres ou catro persoas, dunha bitácora e de dous recursos multimedia para traballar aspectos relacionados coa educación física e a educación multicultural. Na bitácora, que se realizou o longo do curso, estarán publicados distintos artigos coas ideas mais importantes do traballado en cada bloque de contidos, o que incluirá tanto os aspectos mais conceptuais como o realizado nas prácticas obligatorias. Os artigos tamén incluirán comentarios e valoracións persoais sobre os contidos traballados e na bitácora tamén se engadirán enlaces e se realizarán comentarios as bitácoras doutros grupos.

Nos distintos seminarios que se levarán a cabo ao longo do curso a profesora irá facendo un seguimento do traballo de creación da bitácora. O final do curso cada grupo terá que expoñer, ante toda a clase, a súa bitácora e os recursos multimedia creados, contestando as preguntas que poda facer a profesora e outros estudiantes.

Os grupos que querán poderán elaborar, de forma optativa, un recurso utilizando algunha das ferramentas de autor que se presentan no bloque 4. A realización deste traballo contribuirá a subir a nota final dos membros do grupo.
Aspectos e criterios de avaliación:

Os criterios de avaliación serán os seguintes:
Nos artigos publicados na bitácora se valorará o seguinte:
- Que o discurso sexa coherente e claro recollendo de forma adecuada as ideas mais importantes de todo o traballado en cada bloque e expresando estas ideas coas vosas palabras sin copiar de forma literal a información tomada das distintas fontes, a non ser que se faga en forma de cita e de forma puntual.
- Que os comentarios e valoracións persoais sexan adecuadas e orixinais, aportando ideas interesantes sobre o traballado.
Na avaliación da bitácora tamén se terá en conta os enlaces que se aportan e os comentarios que se envíen as bitácoras de outros grupos.

Na creación de recursos multimedia:
- Que nos materiais creados se reflictan os aspectos conceptuais traballados nos distintos bloques tendo en conta cuestións como o papel liberador das novas tecnoloxías, o enfoque crítico do curriculum, o papel do estudiante como emirec, a postura crítica do docente ante as novas tecnoloxías, o papel das TIC como recurso para aprender, etc.
- Que os materiais creados sexan apropiados para traballar aspectos relacionados coa educación física e a educación multicultural nos niveis da educación primaria.

Os estudiantes que non asistan as clases regularmente ou que non superen os requerimentos da materia na convocatoria de xuño deberán realizar todo o traballo de forma individual e presentalo oralmente.

Orientacións para o estudo:

- Realizar o traballo de forma contínua o longo de todo o curso.
- Levar a cabo un adecuado traballo en equipo e cooperativo.
- Asistir aos seminarios de seguimento.
- Asistir as titorías programadas para cada bloque.
- Traballar de forma individual e en grupo con todos os documentos, artigos, presentacións e demais recursos de cada bloque.
- Preparar de forma adecuada a presentación oral da bitácora.

Pautas para a mellora e a recuperación:

- Lectura comprensiva e adecuada visualización de todos os documentros e recursos de cada bloque de contidos.
- Comunicación coa docente de todas as dúbidas e problemas que xurdan no traballo.
- Traballo de reflexión individual o en grupo para elaborar discursos coherentes e orixinais que reflictan unha clara comprensión dos aspectos teóricos e prácticos da materia.
- Preparación adecuada da exposición oral do traballo.